miércoles, 7 de noviembre de 2012

Reing o'er Me

.






Este vídeo pretende que o público se poida sentir identificado de algún modo. Válese da música intensa para captar maior atención e maior poder de emoción, e de transicións rápidas que poidan impactar ao receptor.
Utiliza fundidos en negro, o que implica que os fragmentos non son continuos, ata chegar a un punto no que esa continuidade se rompe, eso podémolo apreciar grazas ao cambio repentino na música e que hay un fundido en negro máis longo do habitual neste fragmento.
O tempo e fílmico, xa que podemos apreciar que se produce acelerando e retardando acontecementos, e as escenas de maior dor, son representadas de forma máis lenta.
Utiliza cores colores frías e neutros, o que nos fai pensar que se trata dun drama e quere expresar moita dor.
Predomina o plano medio, no cal se ve o busto dos personaxes é o plano xeral.
A estructura deste trailer consiste en ir en crescendo ata chegar a un punto de inflexión no que se rompe e comeza todo dende cero, o que nos da a pensar que desde ese punto a historia toma outra dirección.
Mestura o montaxe narrativo, no que vai contando os feitos, o montaxe expresivo, marcando o tempo de acción tendo algunhas escenas nun tempo máis curto e rápido e outras máis lentas e extensas, e o montaxe poético no que intenta despertar as emocións do espectador.
Estre trailer deixanos ver perfectamente que é sobre unha historia tráxica na que a amizade ten moito que dicir.
Todos estos factores, intentan provocar nun público a necesidade de vela, crear certa intriga ou conexión coa historia.